xoves, 8 de abril de 2021

DE CANDO CARAPUCHIÑA EXPLICOU PORQUE PILOTABA UN HELICÓPTERO QUE LEVABA UN CARTEL QUE POÑÍA QUE BUSCABA AO LOBO.

Decidín explicarlle a historia dende o principio. O lobo tiña cara de sorprendido. Non sabía que todo isto era por vinganza, pola miña avoa.

Todo empezou cando miña nai me mandou levarlle comida a miña avoa enferma. Notei como se alguén me estivera espiando. Vin unhas flores que desviaron a miña atención, escoitei uns ruídos que procedían dun arbusto. Collín as flores. Decidín investigar os sons, mais non tardei moito porque do arbusto saiu un lobo.

Preguntoume a onde ía. Ao principio non tiña intención de dicirllo pero parecía tan amable que acabei contándollo. Ao rematar de explicarllo suxeriume que o camiño mais curto era o da dereita. Equivocadamente fíxenlle caso. O lobo aproveitando a miña equivocación chegou antes a casa da miña avoa. Preocupada pregunteille onde estaba ela. O lobo seguiu a mentir e díxome que era a miña avoa. Fíxome dubidar.

Cando me decatei do engano xa estaba no estómago do lobo, pero non estaba soa. Alí dentro estaba a miña avoa. As dúas comezamos a facerlle cóxegas na gorxa ao lobo. Pegou tal berro que a cazadora da casa do lado acudiu a axudarnos. Das cóxegas vomitoume. Xusto nese momento a cazadora entrou pola porta. Do susto o animal fuxiu cara o bosque coa miña avoa na barriga. E dende aquela dedicámonos a buscalo ata o día de hoxe.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

DE CANDO OS TRES PORQUIÑOS DENUNCIARON AO LOBO E Á CARAPUCHIÑA POR ESCÁNDALO PÚBLICO .

     Un helicóptero sobrevoaba a zona. Mais iso non era o máis estrano porque ao carón das nosas casas hai un heliporto. O que d...