Hoxe erguinme con moita fame e non tiña nada de comer, así que fun buscar o almorzo ao bosque. Mentres camiñaba atopei unhas pegadas que me resultaron familiares, decidín investigalas. Polo camiño escoitei un ruído, mirei para arriba e había un helicóptero cun cartel de “búscase” e... A miña cara!
Agocheime nun arbusto e cando me xirei vin a tres porquiños refuxiándose nas súas casas, pensei que podería resgardarme nalgunha delas.
Sen pensalo moito comecei a camiñar e cheguei a casa de palla.
Petei na porta.
Pedín que me abriran.
Ninguén respondeu.
Busquei un timbre.
Non o atopei.
Volvín a chamar.
Nada!
De súpeto volveu o son do helicóptero. Notábame cada vez mais nervioso. A desesperación apoderouse de min. Enfurecinme tanto que comecei a soprar e soprar. A palla empezou a elevarse e escoitáronse berros desde dentro da casa. Nuns segundos a casa transformouse nun montón de palla. Un porco saíu disparado cara a casa de madeira. Era gordo coma un tomate, vestía unha camiseta do Celta e un chaleco branco.
Cada vez os sons do helicóptero escoitábanse mais cerca. Sen pensalo mais corrín cara a casa de madeira.
Petei na porta.
Pedín que me abriran.
Ninguén respondeu.
Busquei o timbre.
Non o atopei.
Volvín chamar.
Nada!
Enfurecinme tanto que comecei a soprar e a soprar. A madeira empezou a elevarse e escoitáronse berros desde dentro da casa. Nuns segundos a casa non era mais que una montaña de madeira. Dous cochos saíron disparados e dirixíronse a casa de ladrillo.
Escoitei unha voz que dicía: “ Aquí esta! Aquí esta!”, era Carapuchiña. Fun ata a casa de ladrillo.
Xa non petei a porta.
Nin pedín que me abriran.
Comecei a soprar e soprar pero a casa non conseguía derrubar. Cando deixei de soprar notei coma se os meus sopridos estivesen na miña contra. Quedei paralizado!
Unhas mans metéronme no helicóptero. Atopeime cara a cara con Carapuchiña vermella. Tiña que facer algo si quería vivir. Sen pensalo saltei.
Caín na cheminea da casa de ladrillo. Mentres descendía, sentía cada vez mais calor. Decateime que debaixo do meu cu había unha pota fervendo. Ao instante o meu rabo prendeu en chamas. Saín disparado coma un foguete. Nun abrir e pechar de ollos atopeime outra vez con Carapuchiña.
- Lobo quero contarche algo.