xoves, 8 de abril de 2021

DE CANDO OS TRES PORQUIÑOS DENUNCIARON AO LOBO E Á CARAPUCHIÑA POR ESCÁNDALO PÚBLICO .

    

Un helicóptero sobrevoaba a zona. Mais iso non era o máis estrano porque ao carón das nosas casas hai un heliporto. O que de verdade chamou a nosa atencion foi que o piloto era Gretel e, Carapuchiña asomaba a cabeza pola venta!

Segundo chegara aos nosos oídos Hansel era a presidenta da compañía Transportes Aéreos Chocolatosos, tamén chamada TAC. Escoitamos uns berros que proviñan do da casa do noso irmán, logo vimos como corría cara nós. Escoitei un segundo berro máis forte e vin como os meus dous irmáns corrían cara a miña casa. Só alcancei a ver como detrás deles viña o lobo así que, rapidamente abrín a porta.

Fóra da casa había : un lobo, dúas casas derrubadas e un helicóptero.

O helicóptero achegouse e pensamos que ía por nós. Trabucámonos. Unha rápida mirada pola ventá indicounos que ía a polo lobo. Observamos como os tres invadían a nosa propiedade, saquei o móbil do peto e chamei á policía.

Mentres falaba coa policía vin como Carapuchiña secuestraba ao lobo. Nunha fracción de segundo vin como o lobo se tiraba do helicóptero e caia xusto no burato da cheminea da miña casa. Iso acabou coa miña paciencia e nese mesmo intre denuncieinos por escándalo público.

DE CANDO O LOBO SE DEFENDE E ACABA UNÍNDOSE A CARAPUCHIÑA PARA ATOPAR A AVOA.

Escoitei con atención o que me dixera aquela rapaza.

Agora tocáballe a ela escoitarme a min. Decidín ser directo e comecei a falar:

“A ver moza, teño que aclararche algo. Eu non son o lobo que dis que papou a túa avoa. Eu non fago ese tipo de cousas, non me interesa a carne humana. Prefiro os vexetais, son vexetariano. Non coñezo ningunha avoa, nin sequera coñecín as miñas. Non me fites así, o que digo é certo. Se non me crees pálpame a barriga, neste corpo serrano non hai nada de graxa. Se queres podo axudarte”.

Aceptou a miña proposta máis notei na súa voz un deixe de desconfianza.

DE CANDO CARAPUCHIÑA EXPLICOU PORQUE PILOTABA UN HELICÓPTERO QUE LEVABA UN CARTEL QUE POÑÍA QUE BUSCABA AO LOBO.

Decidín explicarlle a historia dende o principio. O lobo tiña cara de sorprendido. Non sabía que todo isto era por vinganza, pola miña avoa.

Todo empezou cando miña nai me mandou levarlle comida a miña avoa enferma. Notei como se alguén me estivera espiando. Vin unhas flores que desviaron a miña atención, escoitei uns ruídos que procedían dun arbusto. Collín as flores. Decidín investigar os sons, mais non tardei moito porque do arbusto saiu un lobo.

Preguntoume a onde ía. Ao principio non tiña intención de dicirllo pero parecía tan amable que acabei contándollo. Ao rematar de explicarllo suxeriume que o camiño mais curto era o da dereita. Equivocadamente fíxenlle caso. O lobo aproveitando a miña equivocación chegou antes a casa da miña avoa. Preocupada pregunteille onde estaba ela. O lobo seguiu a mentir e díxome que era a miña avoa. Fíxome dubidar.

Cando me decatei do engano xa estaba no estómago do lobo, pero non estaba soa. Alí dentro estaba a miña avoa. As dúas comezamos a facerlle cóxegas na gorxa ao lobo. Pegou tal berro que a cazadora da casa do lado acudiu a axudarnos. Das cóxegas vomitoume. Xusto nese momento a cazadora entrou pola porta. Do susto o animal fuxiu cara o bosque coa miña avoa na barriga. E dende aquela dedicámonos a buscalo ata o día de hoxe.


venres, 9 de outubro de 2020

DE CANDO O LOBO CONTOU A HISTORIA DE COMO COÑECEU AOS PORQUIÑOS E QUEIMOU O CU.


    Hoxe erguinme con moita fame e non tiña nada de comer, así que fun buscar o almorzo ao bosque. Mentres camiñaba atopei unhas pegadas que me resultaron familiares, decidín investigalas. Polo camiño escoitei un ruído, mirei para arriba e había un helicóptero cun cartel de “búscase” e... A miña cara!

    Agocheime nun arbusto e cando me xirei vin a tres porquiños refuxiándose nas súas casas, pensei que podería resgardarme nalgunha delas.

    Sen pensalo moito comecei a camiñar e cheguei a casa de palla.

    Petei na porta.

    Pedín que me abriran.

    Ninguén respondeu.

    Busquei un timbre.

    Non o atopei.

    Volvín a chamar.

    Nada!

    De súpeto volveu o son do helicóptero. Notábame cada vez mais nervioso. A desesperación apoderouse de min. Enfurecinme tanto que comecei a soprar e soprar. A palla empezou a elevarse e escoitáronse berros desde dentro da casa. Nuns segundos a casa transformouse nun montón de palla. Un porco saíu disparado cara a casa de madeira. Era gordo coma un tomate, vestía unha camiseta do Celta e un chaleco branco.

    Cada vez os sons do helicóptero escoitábanse mais cerca. Sen pensalo mais corrín cara a casa de madeira.

    Petei na porta.

    Pedín que me abriran.

    Ninguén respondeu.

    Busquei o timbre.

    Non o atopei.

    Volvín chamar.

    Nada!

    Enfurecinme tanto que comecei a soprar e a soprar. A madeira empezou a elevarse e escoitáronse berros desde dentro da casa. Nuns segundos a casa non era mais que una montaña de madeira. Dous cochos saíron disparados e dirixíronse a casa de ladrillo.

    Escoitei unha voz que dicía: “ Aquí esta! Aquí esta!”, era Carapuchiña. Fun ata a casa de ladrillo.

    Xa non petei a porta.

    Nin pedín que me abriran.

    Comecei a soprar e soprar pero a casa non conseguía derrubar. Cando deixei de soprar notei coma se os meus sopridos estivesen na miña contra. Quedei paralizado!

    Unhas mans metéronme no helicóptero. Atopeime cara a cara con Carapuchiña vermella. Tiña que facer algo si quería vivir. Sen pensalo saltei.

    Caín na cheminea da casa de ladrillo. Mentres descendía, sentía cada vez mais calor. Decateime que debaixo do meu cu había unha pota fervendo. Ao instante o meu rabo prendeu en chamas. Saín disparado coma un foguete. Nun abrir e pechar de ollos atopeime outra vez con Carapuchiña.

    - Lobo quero contarche algo.

DE CANDO OS TRES PORQUIÑOS DENUNCIARON AO LOBO E Á CARAPUCHIÑA POR ESCÁNDALO PÚBLICO .

     Un helicóptero sobrevoaba a zona. Mais iso non era o máis estrano porque ao carón das nosas casas hai un heliporto. O que d...